Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Atropelo en Avenida da Coruña

Atropelo en Avenida da Coruña

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Equipo da Unidade de Atestados, de servizo na mañá do día de hoxe, instrúe dilixencias por un atropelo de turismo a peón, acontecido na Avenida da Coruña, as 12:34 horas, sobre o paso de peóns que se atopa antes da interesección cá rúa Concepción Arenal. O turismo implicado dirixíase ó centro da cidade e a peón cruzaba a calzada procedente da beirarrúa dereita (inmobles pares) e é alcanzada polo turismo cando se atopaba nas proximidades da beirarrúa esquerda.

A muller atropelada, M.A.P., de 75 anos de idade, resulta ferida de prognóstico reservado e é trasladada polos servicios sanitarios ata o Servicio de Urxencias do Hospital Xeral-Calde.

A condutora do turismo matrícula LU-9824-T causante do atropelo, M.R.F.G, de 65 anos de idade, tiña a xuicio do equipo instructor síntomas evidentes de haber perdido las condicións físicas necesarias para conducir, motivo polo que intervénselle de forma inmediata o seu permiso de condución.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/atropelo-en-avenida-da-coruna