Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Ata o 1 de xullo está aberto o prazo para solicitar as axudas que concede o Concello para adquisición de material escolar de educación infantil

Ata o 1 de xullo está aberto o prazo para solicitar as axudas que concede o Concello para adquisición de material escolar de educación infantil

As axudas son un vale para material escolar de 80 euros e o prazo remata o 1 de xullo

  • Tema
    • Educación
Xoves, 11 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación, Formación e Orientación laboral informa que dende mañá venres 12 de xuño que xa se poden solicitar as axudas que convoca o Concello de Lugo para a adquisición de material escolar.

O prazo para presentar as solicitudes das bolsas escolares de axuda para educación infantil para o curso 2015-2016 permanecerá aberto ata o día 1 de xullo.

Un ano máis o Concello segue a aumentar a partida destinada a axudar ás familias con menos recursos a comprar material escolar. Estas axudas municipais consisten nun vale desconto por un importe de 80 euros con destino á compra de libros ou material escolar.

Estas axudas teñen por obxecto a concesión de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo para o segundo ciclo de infantil (3 a 5 anos) e para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos. 

Para acceder ás axudas o único criterio é a renda familiar e é necesario que o alumno estea censado en Lugo.

O formulario estará a súa disposición nas oficinas da Concellería de Educación (Centro de Convivencia Uxío Novoneyra), na Oficina de  Participación Cidadá (Edificio Oficinas Municipais) e no propio BOP. As solicitudes deben presentarse no Rexistro municipal. 

+ Info

  • Formulario de solicitude de axudas | Descargar pdf [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ata-o-1-de-xullo-esta-aberto-o-prazo-para-solicitar-axudas-que-concede-o-concello-para

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/352gl_solic_axuda_material_educativo.pdf