Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Asociación de internos e traballadores do Centro Penitenciario de Bonxe peregrinan a Santiago coa camiseta de Lugo10

A Asociación de internos e traballadores do Centro Penitenciario de Bonxe peregrinan a Santiago coa camiseta de Lugo10

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 09 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Ao redor de 20 persoas da Asociación de internos e traballadores do Centro Penitenciario de Bonxe peregrinan a Santiago de Compostela desde Oviedo levando unhas camisetas coa marca Lugo10 [1] que conmemora o décimo aniversario da Muralla romana como Patrimonio Mundial.

A asociación comezou a súa andaina o pasado 26 de marzo en Oviedo onde promocionaron o monumento lucense máis emblemático percorrendo as rúas da cidade coas camisetas de Lugo10.

O pasado 31 de marzo chegaron á Fonsagrada e realizaron un descanso durante a Semana Santa. Onte, xoves 8 de abril, comezaron a súa peregrinaxe de novo cara Santiago.

Desde a asociación manifestan que esta é a súa particular aportación para conmemorar o décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial e aproveitando o Ano Santo.

Esta actividade é unha mostra máis do obxectivo marcado polo Goberno Local para involucrar ás forzas vivas da cidade e ao conxunto da cidadanía para traballar de forma unida nun proxecto de difusión do patrimonio e a historia de Lugo, que favoreza e potencie a imaxe positiva da cidade tanto dentro como fóra.

www.lugo10.es [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/asociacion-de-internos-e-traballadores-do-centro-penitenciario-de-bonxe-peregrinan-santiago

Ligazóns:
[1] http://www.lugo10.es