Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Asociación de Amas de Casa e Consumidoras Lucus celebra o seu 50 aniversario

A Asociación de Amas de Casa e Consumidoras Lucus celebra o seu 50 aniversario

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Asociacións sociais
Xoves, 15 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Asociación de Amas de Casa e Consumidoras Lucus celebra o seu 50 aniversario

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ás Concelleiras de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, asistiu este xoves no Círculo das Artes ao acto de celebración do 50 aniversario da Asociación de Amas de Casa e Consumidoras Lucus de Lugo. A rexedora agradeceu o traballo realizado por esa asociación neste último medio século reivindicando os dereitos das amas de casa. Trátase dun colectivo moi dinámico formado por unhas 560 asociadas na cidade de Lugo e forma parte da Federación de Amas de Casa da provincia, que conta cunhas 2.900 asociadas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/asociacion-de-amas-de-casa-e-consumidoras-lucus-celebra-o-seu-50-aniversario