Asinado o contrato das obras de acondicionamento dunha zona verde en Serra dos Ancares, que inclúe unha área de lecer para mascotas
As tarefas responden a diversas peticións da veciñanza. Contan cun orzamento duns 40.000 euros e un prazo de execución de dous meses e medio
- Tema
- Infraestruturas,
- Medio ambiente
O Concello asinou o contrato das obras para o acondicionamento dunha zona verde pública na rúa Serra dos Ancares, adxudicado a Jardincelas S.L., cun orzamento duns 40.000 euros e un prazo de execución de dous meses e medio, actuacións que comezarán nas vindeiras semanas. Estas tarefas responden a diversas peticións da veciñanza.
A zona verde pública na rúa Serra de Ancares presenta un importante estado de deterioro e atópase nunhas condicións que non permiten o seu disfrute por parte da cidanía, de aí o seu acondicionamento.
Concretamente, a parcela a ocupar presenta una pendente descendente dende a rúa Serra de Ancares cara a rúa ría Eo, comunicadas polo vial rúa Xardíns. O centro desta zona estará destinada a unha área de lecer para mascotas, tratando os arredores dun xeito máis verde e integrador. Axardinaranse uns 780 metros cadrados e ampliarase a instalación de rega.
Para permitir a solta segura das mascotas, delimítase a zona central do parque cun valado metálico, con portas. Ademais, co obxecto de evitar interferencias entre os animais, prevense dúas zonas independentes para separalos segundo o seu tamaño, peso ou temperamento. Un seto arrodeará todo o cercado e tamén se plantará arboredo.
As dotacións de equipamento contemplan tanto mobiliario urbano (bancos, papeleiras e unha fonte de fundicón, ademais de colectores) como elementos de exercizo canino, fabricados en madeira (un balancín, elemento de salto e túnel, entre outros).
Audio
- O edil Miguel Fernández, sobre o contratro de obras | Descargar mp3 [1]