Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Asfaltada a Ronda da Muralla, entre San Roque e Bispo Odoario

Asfaltada a Ronda da Muralla, entre San Roque e Bispo Odoario

A Alcaldesa supervisou as obras de asfaltado, que contaron cun orzamento total de 208.000 euros

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Venres, 20 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Asfaltada a Ronda da Muralla, entre San Roque e Bispo Odoario

A Alcaldesa de Lugo,  Lara Méndez, supervisou as obras de asfaltado da Ronda da Muralla, entre San Roque e Bispo Odoario, que acometeron máis dunha vintena de operarios entre a noite do mércores ao xoves e a pasada noite, para minimizar as molestias aos condutores e peóns.

O Concello levou a cabo as actuacións de mellora da Ronda da Muralla, que contan cun orzamento total de 208.000 euros, en varias fases para poder garantir a mobilidade. Deste xeito, estableceu tres tramos, entre a Rúa San Roque e a metade da Praza Asturias, entre a outra metade da Praza Asturias e a Avenida da Coruña e un terceiro entre a Avenida da Coruña e a Praza Bispo Odoario.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/asfaltada-ronda-da-muralla-ente-san-roque-e-bispo-odoario