Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Arroxo: “o PP non se atreve a recoñecer que o bus funciona ben, e trata de xerar desconfianza”

Arroxo: “o PP non se atreve a recoñecer que o bus funciona ben, e trata de xerar desconfianza”

O Tenente Alcalde respostou ás declaracións do portavoz Popular, Antonio Ameijide, sobre o plan de mobilidade

“O PP formou parte da elaboración das novas liñas, se tiñan algunha dúbida, deberían telo dito durante o proceso”, afirmou Rubén Arroxo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Buses urbanos
Mércores, 09 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Arroxo: “o PP non se atreve a recoñecer que o bus funciona ben, e trata de xerar desconfianza”

Rubén Arroxo saiu ao paso das acusacións do Partido Popular, por voz de Antonio Ameijide en relación á desvinculación dos percorridos do bus e do plan de mobilidade. O Tenente-Alcalde sinalou que "o vicevoceiro do PP solo pretende crear unha alarma estéril e infundada a través da prensa, e este é unha das artimañas do grupo da oposición pero non deben sementar dúbidas en calquera caso"

As subvención que proveñen do estado para o funcionamento do servizo de transporte público sempre foron tramitadas seguindo o procedemento regulado e, en calquera caso, "o sr. Ameijide formou parte da mesa de transportes en todas as súas reunións, e se tiña calquera dúbida debería tela posta enriba da mesa durante o proceso".

"O PP ten que decir algo sobre o funcionamento do bus, que é modélico, e non se atreve a decir que funciona ben, que gaña persoas usuarias e que acaido a Lugo" resaltou Rubén Arroxo e engadiu "busca artimañas para sair, como grupo da oposición tratando de xerar desconfianza e o sr. Ameijide préstase a este xogo a pesares de saber que non é certo"

Audio

  • Rubén Arroxo, sobre a resposta do PP | Descargar mp3 [1]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/arroxo-o-pp-non-se-atreve-reconecer-que-o-bus-funciona-ben-e-trata-de-xerar-desconfianza

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210609_ruben_arroxo_resposta_pp_buses.mp3