Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Arrinca a votación popular dos carteis aspirantes a anunciar o Arde Lvcvs MMXVIII

Arrinca a votación popular dos carteis aspirantes a anunciar o Arde Lvcvs MMXVIII

As 25 obras que compiten pódense votar a través do facebook oficial destes festexos, www.facebook.com/ardelucuslugo [1], ata as 12:00 horas do día 28 de febreiro

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 22 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, vén de abrir a votación popular do concurso de deseño gráfico para escoller o cartel que anunciará o Arde Lvcvs 2018, co obxectivo de facer cómplice e partícipe á sociedade na elección da imaxe desta festa declarada de Interese Turístico Galego e Nacional.

As 25 obras que compiten, pódense votar dende hoxe a través do Facebook oficial destes festexos, www.facebook.com/ardelucuslugo [1], ata as 12:00 horas do día 28 de febreiro. Para poder realizar a votación soamente é necesario rexistrarse cun enderezo electrónico, o que permite un reconto de votos máis seguro.

Carmen Basadre convidou a cidadanía a moverse nas redes sociais e a participar na selección da que será a imaxe que anuncie o Arde Lucus nesta edición, que se celebrará o 15, 16 e 17 de xuño.

Tal e como recollen as bases, tras esta votación popular, un xurado formado por tres persoas expertas seleccionará, entre as 10 de maior puntuación, a obra gañadora. O fallo levarase a cabo o 2 de marzo ás 11:00 horas na Casa da Xuventude. Como en edicións anteriores, o premio para o gañador ou gañadora ascende a 1.000 euros.

Audio

  • A concelleira Carmen Basadre, sobre a votación popular do concurso | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/arrinca-votacion-popular-dos-carteis-aspirantes-anunciar-o-arde-lvcvs-mmxviii

Ligazóns:
[1] http://www.facebook.com/ardelucuslugo
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/220218_basadre_ardelucus.mp4