Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Arrinca a terceira edición da feira de artesanía e gastronomía Gastroarte na rúa Puro Cora

Arrinca a terceira edición da feira de artesanía e gastronomía Gastroarte na rúa Puro Cora

Carmen Basadre visitou esta feira posta en marcha polo Concello, que conta con 32 postos abertos ata o día 12 de outubro dentro do propio recinto feiral

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Sábado, 01 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Arrinca a terceira edición da feira de artesanía e gastronomía Gastroarte na rúa Puro Cora

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitou este sábado os expositores da terceira edición de Gastroarte, a feira de artesanía e gastronomía que pon en marcha o Concello para promover os produtos gastronómicos e artesáns aproveitando a afluencia de visitantes á capital durante os días de celebración do San Froilán, Festa de Interese Turístico Galego e Nacional.

Nesta edición, Gastroarte conta con 32 postos que estarán abertos ata o día 12 de outubro dentro do propio recinto feiral na rúa Puro Cora.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/arrinca-terceira-edicion-da-feira-de-artesania-e-gastronomia-gastroarte-na-rua-puro-cora