Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Arrinca a IX Mostra de Teatro Clásico de Lugo cunha obra de Moratín

Arrinca a IX Mostra de Teatro Clásico de Lugo cunha obra de Moratín

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 30 de xaneiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A IX Mostra de Teatro Clásico de Lugo organizada pola Concellería de Cultura e Turismo  que dirixe Concepción Burgo, e Caixanova arrinca o vindeiro domingo 1 de febreiro con La comedia nueva o El café de Leandro Fernández de Moratín.

A obra do dramaturgo madrileño é unha crítica aos dramas espectaculares pero sen contido que se representaban nos teatros da época. A través dos diálogos das personaxes reunidas nun café reclámase a reforma dun teatro que sirva de deleite e instrucción para a sociedade.

A representación, que correrá a cargo da Compañía Nacional de Teatro Clásico, terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 20:30 horas.

A Mostra de Teatro continuará o luns 2 de febreiro cunha das obras que máis veces foi representada nos teatros de todo o mundo: Hamlet de William Shakespeare.

As entradas están a venda  a través de www.caixanova.es [1] ou no teléfono 902 504 500 ou na taquilla do Auditorio Municipal unha hora antes de cada representación. O prezo establécese entre os 12 e os 7 euros, dependendo da zona, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados. Ademáis pódense mercar bonos para as 6 funcións a 45 euros na zona A, 35 euros na zona B e 25 na zona C.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/arrinca-ix-mostra-de-teatro-clasico-de-lugo-cunha-obra-de-moratin

Ligazóns:
[1] http://www.caixanova.es/