Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Arrinca dende a Praza Maior o IX Desafío Ciclista Volta a Lugo, que recorrerá uns 350 quilómetros

Arrinca dende a Praza Maior o IX Desafío Ciclista Volta a Lugo, que recorrerá uns 350 quilómetros

O Concello colabora con esta proba deportiva que terá unha duración de tres días, con saídas e chegadas en Lugo, Meira e Sarria

  • Tema
    • Deportes
Venres, 20 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Arrinca dende a Praza Maior o IX Desafío Ciclista Volta a Lugo, que recorrerá uns 350 quilómetros

O IX Desafío Ciclista Volta a Lugo, co que colabora o Concello, arrincou este venres da Praza Maior, onde o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o Vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, e o Presidente do comité organizador, José María Seijas, deron a saída desta proba, na que participan uns 400 ciclistas, sen contar os seus medios técnicos e os acompañantes.

Trátase dunha proba deportiva que terá unha duración de tres días, ata o 22 de maio, con saídas e chegadas en diferentes puntos da provincia luguesa, como en Muras e Sarria. Este evento cicloturístico, un dos poucos en España que dura máis dun día, está dividido en 3 etapas que suman uns 350 quilómetros de distancia.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/arrinca-dende-praza-maior-o-ix-desafio-ciclista-volta-lugo-que-recorrera-uns-350-quilometros