Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Arrancan as obras de reparación do firme de Fermín Rivera que executa o Concello de Lugo

Arrancan as obras de reparación do firme de Fermín Rivera que executa o Concello de Lugo

O alcalde supervisou a marcha dos traballos, que consisten no arranxo das fochancas ao longo da calzada, para garantir a seguridade do tráfico rodado e peonil nesta vía.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Xoves, 19 de marzo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Arrancan as obras de reparación do firme de Fermín Rivera que executa o Concello de Lugo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, supervisou o inicio das obras do arranxo da rúa Fermín Rivera que executa o Concello de Lugo. O remate destes traballos, suporá, segundo explicou o rexedor municipal “a reparación das fochancas ao longo da calzada, para garantir a seguridade do tráfico rodado e peonil nesta vía”. Para levar a cabo a reparación do firme se procedeu a acoutar e sinalizar algúns treitos desta vía, aínda que non foi necesario realizar cortes de tráfico nin pechar a circulación dos vehículos. Esta actuación se suma a outra intervención recente, levada a cabo polo Concello, que consistiu na limpeza dos colectores de saneamento con camións de gran potencia para lavar e succionar os residuos existentes. Miguel Fernández comentou que “con esta intervención imos garantir, ata o inicio da mellora integral de Fermín Rivera que acometeremos coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que a rúa siga sendo operativa e transitable”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/arrancan-obras-de-reparacion-do-firme-de-fermin-rivera-que-executa-o-concello-de-lugo