Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Xuventude organiza o próximo 4 de xaneiro unha xornada multiaventura para nenas e nenos de ata 14 anos

A área de Xuventude organiza o próximo 4 de xaneiro unha xornada multiaventura para nenas e nenos de ata 14 anos

Ana González Abelleira recorda que o soto da Praza de Abastos ofrece estes días xogos tradicionais para desfrutar do Nadal en Igualdade

  • Tema
    • Programación cultural,
    • Xuventude
Venres, 27 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Xuventude organiza o próximo 4 de xaneiro unha xornada multiaventura para nenas e nenos de ata 14 anos

A Casa de Xuventude acolle durante estas semanas clases de pilates, ioga, danza oriental e fusión, tenis de mesa e zumba dirixidas á mocidade lucense así como dúas novas sesións de Escape Room, previstas para o luns, día 30, a primeira en horario de mañá (de 12:30 a 13:30 horas) e a outra, pola tarde (20:00 a 21:00), con 84 prazas dispoñibles en cada unha.

As actividades, encadradas dentro da programación organizada pola área de Xuventude durante o Nadal, tamén inclúe alternativas de ocio para as e os máis pequenos da casa como son os xogos tradicionais.

“Ata que rematen as festas, o soto da Praza de Abatos acolle en horario de 17:00 a 19:00 horas entre semana, e de 11:00 a 13:00 horas os sábados, entretementos variados como a mariola, a chave ou os bolos para que a rapazada de entre 4 e 14 anos desfrute deste tempo de lecer en igualdade. Só é preciso inscribirse previamente chamando ao 010”, lembra Ana González Abelleira.

A edil convidou igualmente á cidadanía a apuntarse á xornada multiaventura que terá lugar o vindeiro 4 de xaneiro na Casa da Xuventude. “Haberá paintball infantil, scalextris e karts a pedais polo que a diversión está garantida”, salientou a concelleira ao tempo que recordou a gratuidade de todas estas actividades e anunciou que a viaxe á neve, que fora suspendida polas condicións climatolóxicas, se levará a cabo o 5 de xaneiro, e o día anterior, o sábado 4, terá lugar a ruta con raquetas, ámbalas dúas en Leitariegos.

Audio

  • Ana Abelleira, sobre as actividades de Nadal | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-xuventude-organiza-o-proximo-4-de-xaneiro-unha-xornada-multiaventura-para-nenas-e

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/271219_ana_abelleira_-_actividades_de_nadal.mp3