Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de xogos infantil do Parque Rosalía de Castro xa dispón de tódalas certificacións e homologacións necesarias para abrir ao publico esta fin de semana

A área de xogos infantil do Parque Rosalía de Castro xa dispón de tódalas certificacións e homologacións necesarias para abrir ao publico esta fin de semana

  • Tema
    • Infancia,
    • Obras rematadas
Venres, 06 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de xogos infantil do Parque Rosalía de Castro xa dispón de tódalas certificacións e homologacións necesarias para abrir ao publico esta fin de semana

A área de xogos infantil do Parque Rosalía de Castro quedou aberta ao público hoxe, venres, ás 16:30 horas, logo de dispoñer xa de tódalas certificacións e homologacións necesarias, motivo polo que estivo pechado ata este momento. A cidadanía, especialmente as crianzas e as súas familias, poderán desfrutar xa das instalacións e dos novos bambáns e elementos de xogo que foron renovados e nas que se investiron máis de de 20.000 euros que incluen un xogo multiple de tres torres, ponte e tobogán; outro composto por unha torre e un tobogán; un pórtico de columpio doble e un asento cuna.

Unha acción que se suma ás xa levadas a cabo noutros puntos da cidade como foi a remodelación das instalacións de Aquilino Iglesia Alvariño, as ampliacións dos parques de Campo Castelo e Albeiros e mesmo a creación dunha nova zona de esparexemento na Praza de Bretaña.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-xogos-infantil-do-parque-rosalia-de-castro-xa-dispon-de-todalas-certificacions-e-0