Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Participación reforza o 010 para atender as consultas da veciñanza

A área de Participación reforza o 010 para atender as consultas da veciñanza

Dende o teléfono de atención comunicarase á veciñanza cos distintos servizos do concello

O 010 encargarase de xestionar a cita previa para os trámites que non poidan realizarse por vía telemática

  • Tema
    • COVID-19,
    • Servizos xerais,
    • Participación
Venres, 13 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Seguindo as últimas medidas adoptadas polo goberno do Estado e a Xunta de Galiza ao respecto do coronavirus, dende a área de Participación e Servizos para a Veciñanza procedeuse a reforzar o 010 con tres novas persoas, que se pasará a ser o “centro da atención telemática á veciñanza”, segundo indicou Cristina López.

“Os servizos municipais seguen funcionando, con normalidade, e aconséllase utilizar o 010 como vía de entrada aos distintos trámites das áreas do Concello”, declarou Cristina López, que explicou que “no caso de que a consulta poida solucionarse de maneira telefónica, o 010 será o encargado de comunicar á persoa co servizo implicado”. Para casos nos que a atención presencial sexa imprescindible, Cristina López indicou que “a veciña ou veciño será citado para acudir ás oficinas do Concello”.

A cita previa será necesaria para a atención presencial en todos os servizos. Dende a área de Participación trabállase en estreita colaboración co resto de dependencias municipais para atender ás recomendacións emitidas polas autoridades sanitarias.

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre o reforzo do 010 | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-participacion-reforza-o-010-para-atender-consultas-da-vecinanza

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200313_cristina_lopez_reforzo_010.mp3