Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Participación lembra no 8 de marzo ás dúas mulleres que máis anos levan asistindo ao Mercado Tradicional

A área de Participación lembra no 8 de marzo ás dúas mulleres que máis anos levan asistindo ao Mercado Tradicional

  • Tema
    • Benestar social,
    • Comercio,
    • Igualdade,
    • Mercados
Martes, 08 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Participación lembra no 8 de marzo ás dúas mulleres que máis anos levan asistindo ao Mercado Tradicional

No 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, a concellería de Participación e Servizos para a Veciñanza que dirixe Cristina López realizou un recoñecemento ás dúas mulleres que máis anos levan atendendo postos na Praza de Abastos e no  Mercado Tradicional.

A área de Participación recoñeceu a labor de María do Carme Porto López, de 84 anos, responsábel da carnicería Díaz Ferreiro, que comezou a traballar na Praza de Abastos con 25 anos, e a María Andrade Lavandeira, de San Pedro de Soñar, que na actualidade ten 81 anos e leva asistindo ao Mercado Tradicional dos martes e dos venres desde os 18.

Cristina López destacou “o esforzo destas dúas mulleres ao longo dos anos, que axudaron a que o Mercado e a Praza de Abastos de Lugo sexan actualmente dous espazos de gran importancia para a veciñanza”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-participacion-lembra-no-8-de-marzo-duas-mulleres-que-mais-anos-levan-asistindo-ao