Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de participación habilita un procedemento especial para a obtención dos certificados de empadroamento

A área de participación habilita un procedemento especial para a obtención dos certificados de empadroamento

A solicitude farase de maneira telemática, mediante videochamada

  • Tema
    • COVID-19,
    • Servizos sociais,
    • Recursos humanos
Sábado, 11 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de participación habilita un procedemento especial para a obtención dos certificados de empadroamento

Dende a área de Participación e Servizos para a Veciñanza vense de habilitar un procedemento especial para obter os certificados de empadroamento precisos para solicitar as axudas previstas no Real Decreto 8/2020.

Para solicitar o certificado, as persoas interesadas deberán contactar por correo electrónico co servizo de Padrón municipal, enviando un correo ao enderezo padron@concellodelugo.org [1],  indicando no asunto solicitude certificado empadroamento especial COVID-19. No correo deberán adxuntar o modelo de solicitude que se atopa na páxina web do Concello.

Dende o servizo de padrón realizarase unha videochamada coa persoa interesada, na que se lle pedirá que mostre á cámara o seu documento de identidade e os das persoas que figuran na súa inscrición padroal, e o libro da familia no caso de estar inscritos menores. Unha vez verificada a identidade, remitirase o certificado de empadroamento por correo electrónico.

Máis info

  • Anexos: Solicitude e Xustificacion dos certificados de empadroamento | Descargar pdf [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-participacion-habilita-un-procedemento-especial-para-obtencion-dos-certificados-de

Ligazóns:
[1] mailto:padron@concellodelugo.org
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/anexos_solicitude-xustificacion_definitivos_gal.pdf