Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Participación avanza na mellora dos mercados de Lugo

A área de Participación avanza na mellora dos mercados de Lugo

A Xunta de Goberno de hoxe aprobou a actualización dos censos do mercado Tradicional e de Antigüidades e Coleccionismo

Cristina López: “actualizamos o rexistro de vendedores e vendedoras para poder ofrecer o mellor servizo ás usuarias dos mercados da cidade”

  • Tema
    • Comercio,
    • Mercados,
    • Consumo
Mércores, 04 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Participación avanza na mellora dos mercados de Lugo

A Xunta de Goberno de hoxe vén de aprobar a actualización anual dos censos do mercado Tradicional e de Antigüidades e Coleccionismo. Segundo indicou Cristina López, concelleira responsábel da área de Participación e Servizos para a Veciñanza, “con este trámite actualizamos o rexistro de vendedores e vendedoras que forman parte destes mercados, para poder ofrecer o mellor servizo posíbel ás usuarias e usuarios destes mercados”.

“Os mercados son para nós un piar estratéxico para a economía”, indicou Cristina López, que engadiu “o mercado tradicional é un exemplo de fonte de creación de valor engadido para as nosas produtoras e produtores”.

O mercado tradicional está formado por 131 postos, e celébrase os martes e venres de 08:30 a 14:30. No caso de que un martes ou venres sexa festivo, celebrarase o día  anterior. Os produtos que se venden neste mercado son os propios da colleita, que cumpren a normativa sobre seguridade alimentaria e contan coas autorizacións en vigor. O mercado de antigüidades contén 12 postos que se colocan no fondo da praza maior (en caso de choiva, nos soportais) e celébrase durante o segundo e terceiro domingo de cada mes.

Audio

  • A edil Cristina López, sobre a actualización do censo dos mercados | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-participacion-avanza-na-mellora-dos-mercados-de-lugo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200304_cristina_lopez_actualizacion_censos_mercados.mp3