Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Participación adxudica novos postos na Praza de Abastos e o Mercado municipal

A área de Participación adxudica novos postos na Praza de Abastos e o Mercado municipal

Cristina López: “desde que puxemos en marcha a área de participación estamos traballando para que a Praza e o Mercado chegue ao total funcionamento”

Nos vindeiros días informarase das seguintes adxudicacións

  • Tema
    • Mercados,
    • Participación
Mércores, 09 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, informou da adxudicación de 4 postos na Praza de Abastos e o Mercado municipal, os cales terán unha concesión por vintecinco anos sen prorroga.

Os postos adxudicados son o número 10 e 34 da Praza de Abastos e os postos 18 e 19 do Mercado municipal. Desde o goberno municipal destacan que “desde que puxemos en marcha a área de participación estamos traballando para que a Praza e o Mercado chegue ao total funcionamento” sinalou a concelleira Cristina López.

Desde a concellería resaltan que estas instalacións son sempre os mellores emprazamentos para “ garantir un servizo onde prima a calidade, o produto de proximidade e a máxima frescura” sinalou Cristina López, ao que engadiu “a Praza e Mercado seguen funcionando máis e mellor”

Cristina López tamén informou que nos vindeiros días procederase á adxudicación dos postos restantes.

Audio

  • A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, sobre a adxudicación de postos na Praza e no Mercado | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-participacion-adxudica-novos-postos-na-praza-de-abastos-e-o-mercado-municipal

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/201209_cristina_lopez_adxudicacion_postos_praza_e_mercado.mp3