Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Muller e Igualdade licita un novo contrato para revalidar o programa de conciliación familiar ‘Aprende Xogando’

A área de Muller e Igualdade licita un novo contrato para revalidar o programa de conciliación familiar ‘Aprende Xogando’

O orzamento máximo para a primeira anualidade ascende aos 50.820 euros.
 
O contrato terá unha duración de 2 anos, prorrogables por períodos anuais, por outros 2 ate chegar ás 4 anualidades.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Servizos sociais,
    • Igualdade,
    • Conciliación
Martes, 30 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Muller e Igualdade licita un novo contrato para revalidar o programa de conciliación familiar ‘Aprende Xogando’

A Xunta de Goberno Local aprobou a apertura do procedemento de licitación do programa de intervención e pedagóxico Aprende Xogando. O contrato terá unha duración de 2 anos, prorrogables por períodos anuais, por outros 2 ate chegar ás 4 anualidades, sendo o orzamento máximo para a primeira anualidade de 50.820 €.
 
O Executivo de Lara Méndez, a través da Concellería de Muller e Igualdade, trasladaba que, con este programa preténdese dar continuidade e estabilidade á prestación de este programa que se considera esencial para favorecer a conciliación e a integración da muller ao ámbito sociolaboral ao tempo que se forma en valores de igualdade de xénero ás nenas e nenos residentes no municipio de Lugo.
 
As persoas destinatarias deste programa serán menores de entre 3 e 12 anos, empadroados no municipio. Terán prioridade no acceso as fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero, así como de pais ou nais con cargas familiares non compartidas, con persoas dependentes ao seu cargo ou que traballen ou estean a formarse.
 
Na actualidade, a nivel municipal coexisten diferentes recursos dirixidos ao mesmo fin como son os programas de comedores escolares (prestan o servizo de madrugadores e xantar), o programa vacacional “Aulas Abertas” ou as escolas infantís municipais.
 
Cada un destes servizos realízase en determinadas franxas horarias e ofértanse en determinadas épocas do ano para tratar de dar cobertura ás demandas e necesidades da cidadanía.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-muller-e-igualdade-licita-un-novo-contrato-para-revalidar-o-programa-de-conciliacion