Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Mobilidade renova o asfalto do tramo da avenida da Coruña fronte ao parque de Frigsa

A área de Mobilidade renova o asfalto do tramo da avenida da Coruña fronte ao parque de Frigsa

Rubén Arroxo: “trátase dunha actuación necesaria debido ao estado que presentaba esta rúa”

Para levar a cabo a actuación realizouse o peche provisional dun carril de circulación

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Tráfico
Xoves, 28 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Mobilidade renova o asfalto do tramo da avenida da Coruña fronte ao parque de Frigsa

Durante o día de hoxe, desde a área de Mobilidade e Infraestruturas realizouse o arranxo do asfalto da avenida da Coruña, entre a rúa Camiño de Pipín e a avenida Reverendo Xosé Fernández Núñez. Segundo informou o Tenente de Alcalde, e concelleiro responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, “trátase dunha actuación necesaria debido ao estado que presentaba esta rúa, e que aproveitamos para realizar co inicio dos traballos da adaptación do novo plan de tráfico do barrio da Milagrosa”.

Debido ao desenvolvemento dos traballos, fíxose necesario o peche dun carril de circulación e a eliminación temporal de prazas de estacionamento, que foron debidamente sinalizados con antelación para informar á veciñanza da contorna. “Desde a área de Mobilidade planificamos a actuación tentando interferir o mínimo posíbel na circulación”, afirmou Rubén Arroxo.

Segundo Rubén Arroxo, “estamos a realizar intervencións moi demandadas pola veciñanza da zona”. Rubén Arroxo lembrou que “as actuacións nesta vía son necesarias debido á cantidade de tráfico que acollen cada día”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-mobilidade-renova-o-asfalto-do-tramo-da-avenida-da-coruna-fronte-ao-parque-de-frigsa