Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Mobilidade pide á veciñanza que camiñe pola beirarrúa dereita

A área de Mobilidade pide á veciñanza que camiñe pola beirarrúa dereita

Rubén Arroxo: “trátase dunha medida que se volve importante nestes días para respectar a distancia entre persoas”

A indicación de camiñar pola beirarrúa dereita está contemplada no código de circulación

 
  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infraestruturas
Martes, 28 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Mobilidade pide á veciñanza que camiñe pola beirarrúa dereita

O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, lembrou que código de circulación establece a indicación de que os peóns circulen pola beirarrúa do lado dereito. Rubén Arroxo pediu ás veciñas e veciños “que camiñen polo lado dereito nas beirarrúas, cumprindo con esta norma”.

“Os xogos de rúa do proxecto Tecendo Brincadeiras que se comezarán a pintar mañá orientaranse de cara a cumprir esta medida e así axudar á veciñanza a lembrala”, declarou Rubén Arroxo, que engadiu “Hai que ter en conta que esta medida se volve importante nestes días, porque permite respectar a distancia entre persoas en todas as rúas”.

Rubén Arroxo agradeceu “o compromiso da veciñanza de Lugo co cumprimento das normas emitidas polas diferentes administracións durante a vixencia da emerxencia sanitaria”. O Tenente de Alcalde animou a toda a poboación “para que Lugo siga sendo un exemplo de actuación veciñal”.

Audio

  • Rubén Arroxo, sobre a beirarrúa | Descargar mp3 [1]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-mobilidade-pide-vecinanza-que-camine-pola-beirarrua-dereita

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200428_ruben_arroxo_mobilidade_circulacion_beirarruas.mp3