Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Área de Mobilidade lanza unha campaña para promover o uso do transporte público entre os nenos e nenas do concello

A Área de Mobilidade lanza unha campaña para promover o uso do transporte público entre os nenos e nenas do concello

Nenos e nenas do colexio As Mercedes usaron a liña 6 para visitar o rochódromo, colaborando coa Federación Galega de Montañismo

“Apostamos porque as nenas e nenos coñezan e utilicen o bus como medio de transporte habitual”

  • Tema
    • Educación,
    • Transporte
Venres, 29 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Área de Mobilidade lanza unha campaña para promover o uso do transporte público entre os nenos e nenas do concello

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitou hoxe o colexio As Mercedes, onde a área de Mobilidade e Infraestruturas comezou unha campaña para promover o transporte público entre os nenos e nenas de idade escolar “para que coñezan o seu funcionamento”, indicou Rubén Arroxo.

“Queremos que a xente aposte polo bus urbano porque reducindo tráfico na cidade avanzamos nunha cidade sostible cunha mobilidade alternativa e ecolóxica”, declarou Arroxo, que engadiu “apostamos porque as nenas e nenos coñezan e utilicen o bus urbano como medio de transporte habitual”.

Nesta ocasión, alumnas e alumnos do colexio As Mercedes utilizaron a liña 6 para realizar unha visita ao novo rochódromo de Lugo para coñecer e practicar a escalada. Rubén Arroxo informou tamén que “dende a área de Mobilidade continuamos a traballar nas novas liñas de bus e no funcionamento das pantallas informativas para que sexan unha realidade canto antes”.

Audio

  • O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sobre a campaña do bus| Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-mobilidade-lanza-unha-campana-para-promover-o-uso-do-transporte-publico-entre-os-nenos

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191129_ruben_arroxo_campana_bus.mp3