Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Mobilidade incorporará un novo bus híbrido á flota de buses urbanos

A área de Mobilidade incorporará un novo bus híbrido á flota de buses urbanos

Rubén Arroxo: “este novo bus urbano permitirá continuar avanzando para unha nova mobilidade sostible”

A área de Mobilidade, xunto coa empresa adxudicataria, continúan a traballar de cara á implantación das novas liñas

  • Tema
    • Buses urbanos,
    • Transporte
Martes, 14 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Mobilidade incorporará un novo bus híbrido á flota de buses urbanos

O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que nas vindeiras semanas se incorporará á actual flota de buses urbanos un novo vehículo híbrido. ”Dentro da renovación do transporte público que estamos a levar a cabo dende a área de Mobilidade e Infraestruturas inclúese a renovación dos vehículos”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu, “queremos que a xente aposte polo bus urbano para reducir tráfico na cidade e avanzar nunha cidade sostible cunha mobilidade alternativa e ecolóxica”.

O edil nacionalista indicou que “este novo bus híbrido aforrará combustible e producirá menos emisións de gases e partículas”.  “Continuamos a reducir a idade media da flota de buses, que actualmente está en sete anos e medio”, lembrou o concelleiro de Mobilidade

Rubén Arroxo declarou que a área de Mobilidade está traballando en "transformar a mobilidade de lugo para que sexa moito máis sostíbel, onde o transporte público sexa fundamental”. Rubén Arroxo indicou tamén que “dende a área de Mobilidade continuamos a traballar, xunto coa empresa adxudicataria, nas novas liñas de bus e no funcionamento das pantallas informativas para que sexan unha realidade canto antes”.

Audio

  • O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre o bus híbrido | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-mobilidade-incorporara-un-novo-bus-hibrido-flota-de-buses-urbanos

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/img_bushibrido.jpg