Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Mobilidade habilitará un carril da ronda da Muralla para a circulación de peóns

A área de Mobilidade habilitará un carril da ronda da Muralla para a circulación de peóns

Rubén Arroxo: “pretendemos facilitar que as persoas que decidan pasear pola ronda poidan manter a distancia de seguridade cun novo percorrido peonil de 2.5 km”

O Tenente de Alcalde lembrou da importancia de circular pola beirarrúa dereita, e no mesmo sentido do tráfico na Muralla

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Xoves, 07 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Mobilidade habilitará un carril da ronda da Muralla para a circulación de peóns

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que a partir de mañá se pechará ao tráfico un carril da ronda da Muralla debido ao elevado número de persoas que nestes días están a utilizar a ronda da Muralla para pasear. Segundo Rubén Arroxo, “con esta medida pretendemos facilitar que as persoas que deciden pasear pola ronda poidan manter a distancia de seguridade habilitando un novo paseo peonil de 2.5 km no centro de Lugo”.

“Nestes primeiros días de saídas controladas, a ronda da Muralla foi un dos percorridos máis utilizados para practicar deporte ou pasear”, declarou Rubén Arroxo, que afirmou que “a peonalización dun carril non producirá conxestión no tráfico debido á redución do tráfico”.

Rubén Arroxo lembrou que “desde a área de Mobilidade recomendamos á veciñanza que camiñe pola Muralla que o faga no mesmo sentido que o tráfico”. Segundo o Tenente de Alcalde, “nestes días vólvese importante tamén cumprir co código de circulación e pasear pola beirarrúa dereita”.

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre o peche do carril, na ronda da Muralla| Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-mobilidade-habilitara-un-carril-da-ronda-da-muralla-para-circulacion-de-peons

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200507_ruben_arroxo_peche_carril_ronda_muralla.mp3