Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Mobilidade executa un plan de aranxos da vía pública de toda a cidade

A área de Mobilidade executa un plan de aranxos da vía pública de toda a cidade

Rubén Arroxo agradeceu “a colaboración da veciñanza para realizar este plan con arranxos en todos os puntos de Lugo”

Nesta primeira fase realizaranse un total de 31 actuacións

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Mércores, 22 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Mobilidade executa un plan de aranxos da vía pública de toda a cidade

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou do inicio da primeira fase do plan de arranxos de vía pública que a área de Mobilidade realizará periodicamente para garantir o mantemento da vía pública nos  distintos puntos da cidade. Segundo Rubén Arroxo, “nesta primeira fase realizaremos un total de 31 arranxos, distribuídos por toda a cidade”.

“Agradecemos a colaboración da veciñanza para realizar este plan”, afirmou Rubén Arroxo, que explicou que “estas intervencións planificáronse coa información de primeira man que as veciñas e veciños de Lugo enviaron ao goberno municipal nos últimos meses”. O tenente de Alcalde animou á veciñanza “a informar das incidencias na vía pública, que, xunto coas visitas que realizamos aos barrios, utilizamos para mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza”.

Actuacións no barrio das Gándaras

O Tenente de Alcalde informou que nos pasados días se realizaron unha serie de actuacións no barrio das Gándaras. Segundo Rubén Arroxo, “adaptamos distintas zonas para o aparcamento de vehículos e para a mellora da seguridade peonil”.

Audio

  • O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre o plan de arranxos| Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-mobilidade-executa-un-plan-de-aranxos-da-publica-de-toda-cidade

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200722_ruben_arroxo_plan_arranxos.mp3