Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Mobilidade amplía o pintado da sinalización horizontal da cidade

A área de Mobilidade amplía o pintado da sinalización horizontal da cidade

Rubén Arroxo: “agardamos que esta nova fase comece despois do inverno”

A ampliación sairá a contratación por 111.291,96€ e un prazo de realización de dous meses

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Mércores, 11 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Mobilidade amplía o pintado da sinalización horizontal da cidade

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou que a Xunta de Goberno vén de aprobar unha nova fase do repintado da sinalización horizontal da cidade. “Continuamos a traballar na mellora da seguridade viaria e da imaxe de Lugo con esta ampliación do pintado”, declarou Rubén Arroxo, que explicou “o contrato anterior cubría a maior parte das rúas da cidade, e con esta nova fase ampliamos a o número de rúas cubertas”.

“O pintado xa contratado está a ir actualmente a menor ritmo do agardado, debido a que estamos entrando xa na época de baixas temperaturas e choiva, o que impide moitos días que se poidan desenvolver os traballos coa calidade desexada”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “temos previsto iniciar esta segunda fase cando pase o inverno para garantir o que o pintado se poida realizar asegurando a calidade do resultado”. A segunda fase do pintado sairá a contratación por 111.291,96€ e un prazo de realización de 2 meses, nos que se actuará na sinalización de máis dunha vintena de rúas da cidade.

Rubén Arroxo lembrou que “toda a sinalización horizontal que se está a pintar está adaptada aos cambios realizados na ordenanza de circulación, destinados a evitar resbalóns aos peóns e aos vehículos de dúas rodas”. Nos pasos de peóns regulados por semáforo só se pintan os límites, deixando a zona interior descuberta para evitar resbalóns. No caso dos pasos non regulados por semáforo, déixase unha das liñas sen pintar para evitar tamén resbalóns de motos e bicicletas. Nas prazas para persoas con mobilidade reducida agrándase o tamaño e píntase unha superficie menor.

Audio

  • O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre a ampliación do pintado | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-mobilidade-amplia-o-pintado-da-sinalizacion-horizontal-da-cidade

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/201111_ruben_arroxo_ampliacion_pintado.mp3