Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Medio Ambiente procederá a pechar este martes, a partir das 12:00 horas, os parques da cidade ante a chegada de ventos de ata 100km/h

A área de Medio Ambiente procederá a pechar este martes, a partir das 12:00 horas, os parques da cidade ante a chegada de ventos de ata 100km/h

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Protección da comunidade
Luns, 25 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A área de Medio Ambiente informa de que mañá, martes 26 de novembro, procederá a pechar os parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA, por ventos con refachos de ata 100 km/hora que afectará a Lugo a partir das 14 horas.

O edil Álvaro Santos explicou que axentes da Policía Local e Protección Civil procederán a precintar ás 12 horas os Parques de Rosalía de Castro e Frigsa, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento, aínda que os comerciantes que participan no mercadiño de Frigsa disporán de media hora para desaloxar o recinto.

Pola súa banda, os operarios da brigada de Parques e Xardíns sinalizarán estas restricións no resto de parques da capital.

O concelleiro de Medio Ambiente fai un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, que se manterán até as 10 horas do mércores, 27 de novembro, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade polo que recomenda, igualmente, non visitar o resto de zonas verdes municipais.

Audio

  • O edil Álvaro Santos, sobre o peche dos parques, por alerta laranxa | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-medio-ambiente-procedera-pechar-este-martes-partir-das-1200-horas-os-parques-da-cidade

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191125_alvaro_santos_-_peche_parques_alerta_laranxa.mp3