Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Medio Ambiente advirte das restriccións de estacionamento en Marqués de Ombreiro este mércores para rozar a zona

A área de Medio Ambiente advirte das restriccións de estacionamento en Marqués de Ombreiro este mércores para rozar a zona

Non se poderá estacionar dende as 08.00h ás 13.30h do mércores, día 7 de agosto

Esta labor súmase as outras actuacións de roza que está levando a cabo en distintas zonas da cidade

  • Tema
    • Medio ambiente
Luns, 05 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Medio Ambiente advirte das restriccións de estacionamento en Marqués de Ombreiro este mércores para rozar a zona

O Concello de Lugo continúa cas actuacións de roza que está levando a cabo en distintas zonas da cidade como é habitual ao longo do ano, Urbaser e a empresa encargada de levar a cabo dita tarefa. O concelleiro da Área de Medio Ambiente, Alvaro Santos, afirma que ‘O obxecto e evitar que a herba interfira no tránsito de persoas ademais de vehículos sen esquecer tamén a labor preventiva respecto ós incendios na época do ano de alerta máxima’.

Este mércores as labores de limpeza desprazaranse a Marqués de Ombreiro. Dende O Concello de Lugo están informando ós veciños e veciñas mediante carteis en diferentes puntos da rúa e vallas, previamente a iniciar as tarefas de roza para evitar danos nos vehículos e causar o menor malestar posible. As horas nas que non se pode estacionar son dende as 08.00h as 13.30h do mércores día 7 de agosto.

Ultimamente as tarefas de roza desenvolvéronse nas zonas de Albeiros, Avda. Adolfo Suarez, Rúa Primavera e Infanta Elena, luns e martes desta semana estanse levando a cabo as tarefas de roza no entorno do Anxo Carro. Unha vez finen as rozas programados retomaranse en Albeiros e Infanta Elena que aínda que xa contan con zonas rozadas non están ó 100%.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-medio-ambiente-advirte-das-restriccions-de-estacionamento-en-marques-de-ombreiros-este