Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Educación publica as subvencións para as asociacións de ANPAS dos centros educativos do Concello de Lugo

A área de Educación publica as subvencións para as asociacións de ANPAS dos centros educativos do Concello de Lugo

Maite Ferreiro: “Buscamos fomentar a participación das familias no sistema educativo, mellorando a formación e colaborando na creación de comunidades”.

Invírtense 10.000,00 euros na promoción das distintas actividades.

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Martes, 17 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Educación publica as subvencións para as asociacións de ANPAS dos centros educativos do Concello de Lugo

A Área de Educación do Concello de Lugo vén de publicar a solicitude de subvención dirixida a asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as (ANPAS) de centros sostidos con fondos públicos do Concello de Lugo para a realización de actuacións en materia de participación educativa.

A concelleira Maite Ferreiro explicou co quen esta axuda “buscamos fomentar as actividades que impliquen a participación das familias no sistema educativo, mellorando a formación e coñecemento deste e axudando, colaborando na creación de comunidades educativas”.

Dende a Concellería de Educación do Concello de Lugo, considérase que a participación das familias na educación é un factor fundamental para conseguir o éxito educativo. “É preciso apoiar dende as institucións esta participación dentro do ámbito das competencias que ten cada Administración, motivo polo que poñemos en marcha unha liña de subvencións para as asociacións de nais e pais”. Hai que ter en conta, explica Ferreiro, “que o Concello de Lugo, co fin de axudar á conciliación da vida laboral e familiar, está xa a prestar un servizo de actividades extraescolares, polo que o obxecto desta subvención ás ANPAS é distinto, e non poderá ir dirixido á realización destas actividades”.

O gasto inicial será de 10.000 euros, e de ata 2.000 euros por cada asociación para actuacións en materia de participación educativa, sen superar o 90% do custe de actuación. As solicitudes poden presentarse a través da páxina web do Concello de Lugo (lugo.gal) ou no rexistro ata o día 4 de outubro.

Audio

  • A concelleira de Educación, Maite Ferreiro, sobre as ANPAS | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-educacion-publica-subvencions-para-asociacions-de-anpas-dos-centros-educativos-do

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/20240917_maite_ferreiro_anpas.mp3