Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Deportes inviste 350.000 euros na renovación do céspede dos campos de fútbol das Gándaras

A área de Deportes inviste 350.000 euros na renovación do céspede dos campos de fútbol das Gándaras

Está previsto que os traballos, que terán un prazo de execución de 6 semanas, comecen a final de mes

  • Tema
    • Deportes,
    • Instalacións deportivas,
    • Infraestruturas
Martes, 16 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Deportes inviste 350.000 euros na renovación do céspede dos campos de fútbol das Gándaras

A área de Deportes investirá 349.593’2 euros na renovación do céspede artificial dos campos de fútbol das Gándaras.

A Xunta de Goberno Local autorizará mañá a contratación a Calfensa destes traballos no Campo I, por un importe de 173.514 €, logo de que no pasado mes de maio esta mesma empresa resultara tamén adxudicataria do prego que se licitou para abordar a substitución do Campo II (176.079’2 €).

O edil Miguel Fernández sinala que “se trata dunha intervención coa que se persegue mellorar o estado destas instalacións deportivas moi frecuentadas polos clubes e equipos da cidade para os seus adestramentos así como para a celebración de diferentes competicións e torneos”, ao tempo que destacou o aforro acadado nesta licitación, 150.000 euros por debaixo do orzamento base inicial.

Igualmente o concelleiro anunciou que “os traballos, que teñen un prazo de execución de 6 semanas, se acometerán de forma simultanea coa previsión de que den comezo xa a finais deste mesmo mes ou principios do que vén, de maneira que se garante a dispoñibilidade destas dotacións municipais logo do período de vacacións estivais, coincidindo co inicio da vindeira tempada deportiva”, apuntou.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-deportes-inviste-350000-euros-na-renovacion-do-cespede-dos-campos-de-futbol-das