Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Cultura retoma a edición semanal do boletín de información cultural

A área de Cultura retoma a edición semanal do boletín de información cultural

O boletín está dividido en tres seccións, e contén os eventos para a semana actual, información sobre os centros culturais da cidade e actividades organizadas a longo prazo

As persoas que desexen recibilo semanalmente no seu correo electrónico poderán darse de alta no 010

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Xoves, 13 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua informou da recuperación do boletín de Información Cultural do Concello. O boletín, que se editará semanalmente, enviarase ás persoas que o desexen por correo electrónico, para o cal deberán anotarse previamente no 010.

O boletín contén está dividido en tres seccións. Comeza coas Actividades  e Eventos Culturais en Lugo, onde se recolle toda a programación cultural programada do xoves de publicación ao mércores seguinte. Continúa con Centros Culturais en Lugo, onde se recolle información práctica para organizar visitas aos centros culturais da cidade. Pecha o boletín a sección O que Vén, onde se mostran actividades organizadas pola área de Cultura para as vindeiras semanas.

O boletín recollerá, ademais, información da actividade de institucións como a Deputación de Lugo ou a USC, ademais de iniciativas de promotores culturais recoñecidos.

Máis info

  • Boletín de Información Cultural | Descargar pdf [1]

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, sobre o boletín de Información Cultural do Concello | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-cultura-retoma-edicion-semanal-do-boletin-de-informacion-cultural

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/boletin_13.02.2020.pdf
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200213_maite_ferreiro_boletin_cultural.mp3