Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Cultura reserva espazos no Auditorio Fuxan os Ventos para persoas con mobilidade reducida

A área de Cultura reserva espazos no Auditorio Fuxan os Ventos para persoas con mobilidade reducida

Maite Ferreiro: "traballamos para facilitar ao máximo a accesibilidade ás persoas con problemas de mobilidade, traballo que desde a Tenencia de Alcaldía realizamos en todas as actuacións".

A área de Cultura manterá unha xuntanza con colectivos vencellados á accesibilidade para "coñecer as necesidades do Auditorio Fuxan os Ventos".

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Desenvolvemento local,
    • Igualdade,
    • Accesibilidade,
    • Inclusión
Venres, 24 de xaneiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura reserva espazos no Auditorio Fuxan os Ventos para persoas con mobilidade reducida

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que se veñen de reservar espazos para persoas con mobilidade reducida na sala principal do Auditorio Fuxan os Ventos.

Ferreiro anunciou que a área de Cultura manterá unha xuntanza con colectivos vencellados á accesibilidade co obxectivo de "coñecer de primeira man as necesidades específicas desta nova instalación a través das asociacións e seguir traballando para facilitar a accesibilidade".

Maite Ferreiro afirmou que "é necesario continuar a traballar por un concello inclusivo, no que todas as persoas teñan unha vida o máis normal posible, independentemente das súas capacidades físicas", e engadiu "é preciso cuestións importantes para toda a veciñanza de Lugo, entre estas cuestións destacan a accesibilidade e a perspectiva de xénero para facer de Lugo un lugar amable e accesible".


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-cultura-reserva-espazos-no-auditorio-fuxan-os-ventos-para-persoas-con-mobilidade