Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Cultura leva á Banda Municipal á rúa coa segunda edición das Ruadas da Banda Municipal de Música

A área de Cultura leva á Banda Municipal á rúa coa segunda edición das Ruadas da Banda Municipal de Música

Maite Ferreiro: "retomamos unha iniciativa moi exitosa o ano pasado, que nos permite mostrar a gran calidade das músicas e músicos da nosa Banda"

As ruadas terán lugar en distintos puntos de Lugo entre o 6 e o 22 de xullo

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Música,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Venres, 25 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura leva á Banda Municipal á rúa coa segunda edición das Ruadas da Banda Municipal de Música

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a segunda edición das Ruadas da Banda Municipal de Música, que volverá por segundo ano a achegar as distintas agrupacións da Banda ás prazas da cidade. "Trátase dunha proposta que foi moi exitosa o ano pasado, e que nos permite continuar a animar os paseos pola cidade durante o verán ao mesmo tempo que fomentamos o comercio local", explicou Maite Ferreiro.

Maite Ferreiro declarou que "desde a área de Cultura seguimos traballando para garantir a continuidade dunha banda municipal con máis de 100 anos de historia".

As Ruadas da Banda Municipal de Música comezarán o martes 6 de xullo na rúa Nova co grupo de Clarinetes. O mércores 7, o grupo de Saxos tocará na rúa San Marcos, mentres que o mércores 8 o grupo de Metais estará na praza de Armañá.

O día 13, o grupo de Saxos  situarase na rúa da Raíña. Para o mércores 14, o grupo de Metais repetirá na praza de Ferrol, e o venres 15 a praza da Milagrosa contará co grupo de Clarinetes.

Na última semana das Ruadas, o grupo de Metais situarase o martes 20 na praza de Maior,. O mércores 21, o grupo de Clarinetes situarase en Bispo Aguirre, e o xoves 23, as Ruadas rematarán co grupo de Saxos en Campo Castelo.

Todas as audicións terán lugar ás 12 horas. Maite Ferreiro animou ás veciñas e veciños a “descubrir un ano máis as distintas agrupacións da Banda Municipal ao mesmo tempo que pasean por Lugo”.

Audio

  • A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre as ruadas da Banda Municipal | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-cultura-leva-banda-municipal-rua-coa-segunda-edicion-das-ruadas-da-banda-municipal-de

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210625_maite_ferreiro_ruadas_banda_municipal.mp3