Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Cultura lanza a iniciativa #ContosDeLibros para celebrar o día do libro

A área de Cultura lanza a iniciativa #ContosDeLibros para celebrar o día do libro

Maite Ferreiro: “queremos celebrar este día do libro compartindo as obras preferidas das veciñas e veciños de Lugo”

As persoas que desexen participar poden publicar frases creadas con lombos de libros na etiqueta #ContosDeLibros

  • Tema
    • COVID-19,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Xoves, 23 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura lanza a iniciativa #ContosDeLibros para celebrar o día do libro

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua propón unha acción nas redes sociais para celebrar o día do libro. Segundo indicou Maite Ferreiro, “queremos celebrar este día do libro compartindo as obras preferidas das veciñas e veciños de Lugo”.

Durante todo o día, as redes sociais da área de Cultura recopilarán as frases que as veciñas e veciños de Lugo creen cos lombos dos seus libros preferidos e compartan nas redes sociais coa etiqueta #ContosDeLibros. Maite Ferreiro animou ás veciñas e veciños de Lugo “a mostrar a súa creatividade e celebrar unha data importante para a cultura”.

“Seguimos traballando para ofertar alternativas de ocio durante este tempo de confinamento ao mesmo tempo que nos preparamos para retomar a programación cultural unha vez as autoridades sanitarias o permitan”, declarou Maite Ferreiro.

Audio

  • A edil Maite Ferreiro, sobre o Día do Libro | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-cultura-lanza-iniciativa-contosdelibros-para-celebrar-o-dia-do-libro

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200423_maite_ferreiro_dia_do_libro.mp3