A área de Cultura e o Conservatorio de Lugo organizan concertos na rúa
O casco histórico acollerá ao estudantado do conservatorio, que farán microconcertos os días 29 e 30 de maio.
Maite Ferreiro: "queremos visibilizar as ensinanzas de música de Lugo, axudando ás estudantes a mostrar o seu traballo".
- Tema
- Benestar social,
- Centros sociais,
- Desenvolvemento social,
- Servizos sociais,
- Cultura e Turismo,
- Música,
- Desenvolvemento local,
- Formación

O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, presentou, xunto coa edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e representantes do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo o ciclo "O conservatorio na rúa", co que desde a área de Cultura e o Conservatorio se achegará a obra das estudantes do conservatorio ás distintas prazas do casco históricos días 29 e 30 de maio.
Maite Ferreiro explicou que "o obxectivo desta actividade é visibilizar as ensinanzas oficiais de música coas que contamos na cidade, e motivar ás estudantes, xa que poderán mostrar o aprendido durante os seus estudos ao mesmo tempo que dinamizan as rúas".
O ciclo "O conservatorio na rúa" contará con 3 concertos a cargo das distintas agrupacións do Conservatorio. O mércores 29, a partir das 17:30, a Banda Xosé Castiñeira dará o seu concerto na praza de Santa María, e ás 19:00 será o turno da Banda Indalecio Fdez. Groba. O xoves 30, pechará a mostra a Orquestra de Grao Profesional do Conservatorio Xoán Montes.
Audio
- O edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o Conservatorio de Música | Descargar mp3 [1]
