Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Cultura e o Conservatorio de Lugo organizan concertos na rúa

A área de Cultura e o Conservatorio de Lugo organizan concertos na rúa

O casco histórico acollerá ao estudantado do conservatorio, que farán microconcertos entre o 27 e o 30 de abril

Rubén Arroxo: “queremos visibilizar as ensinanzas de música de Lugo, axudando ás estudantes a mostrar o seu traballo”

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Música
Domingo, 25 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura e o Conservatorio de Lugo organizan concertos na rúa

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, presentou, xunto con representantes do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo o ciclo O conservatorio na rúa, co que desde a área de Cultura e o Conservatorio se achegará a obra das estudantes do conservatorio ás distintas prazas do casco histórico, entre o 27 e o 30 de abril.

Rubén Arroxo explicou que “o obxectivo desta actividade é visibilizar as ensinanzas oficiais de música coas que contamos na cidade, e motivar ás estudantes, xa que poderán mostrar o aprendido durante os seus estudos ao mesmo tempo que dinamizan as rúas”.

O ciclo O conservatorio na rúa comezará o martes 27 de abril, coas seguintes agrupacións:

  • Dúo de Saxofóns, formado por Violeta Fraga e Xoel Pérez.
  • Orquestra de Guitarras, formado por Carolina Ferreiro, Diego López, Inés Freire, Lidia Mouriño, Mailen García, María Lorenzo, María Bunz, Noa Fernández, Patricia Neto, Saúl Mazoy e Tatiana Cabaneiro.

O mércores 28 será o turno do Dúo de guitarra e clarinete, con Sira Goyanes (guitarra) e Juan Valdés (clarinete).

O xoves 29, contarase co Grupo de frautas, con Lucía Domínguez, Alba Anllo, Nahir Guzmán e Iago López.

A actividade rematará o venres 30 coas seguintes agrupacións:

  • Dúo de Frautas, con Pedro Blanco e Lucas Santos.
  • Piano solo, con Pablo Rico.
  • Piano a catro mans, con Marta Fernández e Nerea López.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-cultura-e-o-conservatorio-de-lugo-organizan-concertos-na-rua