Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Cultura convoca a XXII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”

A área de Cultura convoca a XXII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”

Poderán presentarse obras de entre 50 e 100 folios até o 31 de decembro

A obra gañadora será publicada por Xerais

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Xoves, 07 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura convoca a XXII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou no día de hoxe a convocatoria do XXI Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”. Nesta edición, o premio volverá ser de 4.000€, ademais de que a obra gañadora será publicada por Edicións Xerais de Galiza. “Unha cita importante tanto para as nosas escritoras como para a lingua galega”, segundo indicou Maite Ferreiro.

Poderán presentarse todas as persoas que o desexen, sempre que a obra esté escrita en galego. As obras presentadas poderán consistir tanto nunha novela curta como nun conxunto de relatos, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 100, é dicir, entre 90.000 e 180.000 caracteres con espazos. Cada autora poderá presentar todos os relatos que desexe, en envíos separados.

As obras poderán enviarse ou entregarse presencialmente nas oficinas da área de Cultura até o 31 de decembro. Durante o primeiro trimestre do 2020 coñecerase a obra gañadora. As bases poderán consultarse en lugo.gal e no 010.

Máis info

  • Bases da XXII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole” | Descargar pdf [1]

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a XXII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole” | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-cultura-convoca-xxii-edicion-do-certame-de-narracion-curta-anxel-fole

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/bases_xxii_certame_anxel_fole.pdf
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191107_maite_ferreiro_certame_narracion.mp3