Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Cultura convoca o concurso para escoller o cartaz do o San Froilán e do San Froilán Miúdo 2020

A área de Cultura convoca o concurso para escoller o cartaz do o San Froilán e do San Froilán Miúdo 2020

Maite Ferreiro animou ás artistas lucenses “a demostrar a súa gran calidade e ser a imaxe da gran festa do outono galego”

Un xurado especializado escollerá o cartaz das festas e entregará un premio de 2.000 euros á deseñadora escollida

 
  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 18 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura convoca o concurso para escoller o cartaz do o San Froilán e do San Froilán Miúdo 2020

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, deu a coñecer as bases do concurso de deseño gráfico co que se escollerá cartaz para o San Froilán e o San Froilán Miúdo 2020. Maite Ferreiro lembrou que “as persoas participantes poderán presentar cantas obras consideren oportunas, sempre que sexan orixinais”.

Maite Ferreiro animou ás deseñadoras e deseñadores lucenses “a demostrar a gran calidade dos seus traballos e ser a imaxe da gran festa do outono galego”.

As persoas que desexen participar poden  presentar os seus traballos ata o 31 de agosto nas oficinas da área de Cultura , na Praza Maior, ou por correo, en formato dixital JPG, cunhas dimensións de 50x70 centímetros e con 72ppp de resolución, en soporte cd ou lapis de memoria. Ademais, poderanse enviar tamén por enderezo electrónico a cultura@concellodelugo.org [1], indicando no asunto Cartel San Froilán 2020.Ademais, se algunha participante o desexa tamén pode entregar o cartaz montado sobre cartón pluma de 5 ou 10 mm e a un tamaño de 50x70 centímetros.

Nas propostas deben figurar os seguintes aspectos: Lugo, San Froilán 2020, Festa de Interese Turístico Galego e Festa de Interese Turístico Estatal, así como as datas de celebración, do 4 ao 12 de outubro, e a imaxe corporativa do Concello. 

Os traballos serán presentados de forma anónima, con lema, acompañando un sobre co mesmo lema no exterior, e dentro os datos persoais do participante. Se presentan o cartel dixitalmente, estes datos deberán presentarse nun documento aparte.

Un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que represente esta festa, que será premiada cun importe de 2.000 euros.

Audio

  • Maite Ferreiro, sobre o concurso | Descargar mp3 [2]

Documentos

  • Bases cartel San Froilán | Descargar pdf [3]
  • Bases cartel San Froilán Miúdo | Descargar pdf [4]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-cultura-convoca-o-concurso-para-escoller-o-cartaz-do-o-san-froilan-e-do-san-froilan

Ligazóns:
[1] mailto:cultura@concellodelugo.org
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200818_maite_ferreiro_concurso_cartaz_san_froilan.mp3
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/bases_galego_cartel_sf20.pdf
[4] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/bases_cartel_san_froilan_miudo_2020.pdf