Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Cultura colabora co concerto homenaxe a Indalecio Fernández Groba, organizado pola Banda Filharmónica de Lugo

A área de Cultura colabora co concerto homenaxe a Indalecio Fernández Groba, organizado pola Banda Filharmónica de Lugo

O concerto terá lugar o vindeiro venres 29 ás 20:30 no Círculo das Artes

A entrada será gratuíta até completar aforo

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Música
Mércores, 27 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura colabora co concerto homenaxe a Indalecio Fernández Groba, organizado pola Banda Filharmónica de Lugo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto con Miguel Díaz Valdés, presentaron no día de hoxe o concerto co que a Banda Filharmónica de Lugo homenaxeará, este venres, a Indalecio Fernández Groba, que foi director da Banda Municipal entre o 1979 e o 1991. Ferreiro agradeceu o convite para presentar a homenaxe “a unha persoa tan importante para a música e a cidade de Lugo, director da nosa Banda Municipal e mestre de moitos e moitas, aos que ensinou de maneira desinteresada”.

Iván Martínez Sabio será o encargado de dirixir á Banda Filharmónica, que comezará interpretando o pasodobre Pepita Graus, de Pascual Pérez Choví. Continuarán coa suite sinfónica da zarzuela La Leyenda del Beso, de Reveriano Soutillo e Juan Vert. De seguido, interpretarán as Danzas Polovstianas da ópera Príncipe Igor, de Alexander Borodin e rematarán co pasodobre galego Saludo a Lugo, do propio Indalecio Fernández Groba.

O concerto comezará ás 20:30 horas e a entrada será gratuíta até completar o aforo da sala. Maite Ferreiro convidou a desfrutar deste concerto “e lembrar así a unha importante persoa para a nosa música como foi Indalecio Fernández Groba”.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o concerto-homenaxe a Indalecio Fernández Groba  | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-cultura-colabora-co-concerto-homenaxe-indalecio-fernandez-groba-organizado-pola-banda

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191127_maite_ferreiro_concerto_homenaxe.wav