Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Cultura celebra o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

A área de Cultura celebra o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

 Maite Ferreiro: “contaremos con poesía e música para celebrar esta data, importante para todas as veciñas e veciños de Lugo”

As actividades realizaranse no adarve da muralla mañá, martes 30 de novembro

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Promoción turística,
    • Xestión cultural
Luns, 29 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura celebra o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, animou á veciñanza a participar mañá nas actividades coas que o Concello de Lugo celebrará o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. As actividades terán lugar durante a tarde do martes 30, “contaremos con poesía e música para celebrar esta data importante para todas as veciñas e veciños de Lugo”.

As actividades comezarán ás 17:00, o coro e ensembles de clarinetes do conservatorio Xoan Montes actuará na praza Pío XII, interpretando distintas pezas de Beethoven, Pachelbel ou Mozart, entre outros.

A partir das 19:00, sairá da porta de Santiago un roteiro poético musical, organizado pola área de Cultura e a revista lucense de creación poética Xistral. Contará coa participación de distintos músicos da cidade, entre os que se atopan Yuri, Rulos, Cántigas e Frores ou a Volta do Agro, e con distintas persoas recitando poesía nas distintas paradas do roteiro.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, sobre a previsión das actividades na Muralla | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-cultura-celebra-o-21-aniversario-da-declaracion-da-muralla-como-patrimonio-da-2021

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/211129_maite_ferreiro_prevision_actividades_muralla.mp3