Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Cultura agasallará con entradas para o teatro ás estudantes da Escola Municipal de Música

A área de Cultura agasallará con entradas para o teatro ás estudantes da Escola Municipal de Música

Maite Ferreiro: “celebramos o día de Santa Icía achegando a todo o alumnado da Escola ao teatro”.

A programación cultural do Auditorio Municipal conta con distintas propostas “que combinan compañías emerxentes con compañías de coñecida traxectoria”.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Música,
    • Xestión cultural
Luns, 20 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura agasallará con entradas para o teatro ás estudantes da Escola Municipal de Música

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o Goberno de Lugo agasallará ás estudantes da Escola Municipal de Música recibirán entradas para a programación teatral do Auditorio Municipal Gustavo Freire. Con este xesto, a área de Cultura achega o teatro a todas as estudantes da Escola Municipal de Música, “achegando os distintos formatos de expresión cultural entre si”, explicou Maite Ferreiro.

A programación teatral ata final de ano conta con 7 propostas, para distintos públicos, con actuacións de grupos de teatro de recoñecida calidade que conseguiron distintos premios e con compañías emerxentes. Maite Ferreiro explicou que "esta programación está pensada para o deleite das amantes do teatro e para facilitar un achegamento a esta arte por primeira vez".

"Quixemos poñer o foco nas producións de artes escénicas de mellor calidade feitas na Galiza, que serán o fío condutor da programación, e contaremos tamén con obras internacionais de calidade contrastada", declarou a edil de Cultura.

A programación inclúe un total de 4 propostas para público adulto e 2 para familias. Para acceder ao recinto será preciso adquirir entrada no portal entradaslugo.es [1] ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo, cun prezo de 5€ nas actividades para público adulto e 3 nas actividades familiares. Ademais, as persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre as entradas | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-cultura-agasallara-con-entradas-para-o-teatro-estudantes-da-escola-municipal-de-musica

Ligazóns:
[1] http://entradaslugo.es
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/231120_maite_ferreiro_santa_icia_escola_de_musica.mp3