Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Benestar oferta viaxes ás festas do polbo de Mugardos e do bonito de Burela, e visitas a Vimianzo e Ponteareas para este verán

A área de Benestar oferta viaxes ás festas do polbo de Mugardos e do bonito de Burela, e visitas a Vimianzo e Ponteareas para este verán

Haberá 50 prazas para cada excursión, para as que será necesaria inscrición previa unha semana antes nos centros Uxío Novoneyra e Milagrosa, a un prezo de 4,12 euros.

O primeiro dos viaxes á festa do polbo está previsto o 13 de xullo, con saída desde a praza de Bretaña, ás 09.00 horas, e chegada ao mesmo punto, ás 21.00.

Os interesados en viaxar á cita gastronómica de Mugardos poderán solicitalo no centro de convivencia Uxío Novoneyra os vindeiros días 1, 2 e 3 de xullo.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Desenvolvemento local
Martes, 25 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Benestar oferta viaxes ás festas do polbo de Mugardos e do bonito de Burela, e visitas a Vimianzo e Ponteareas para este verán

A area de Benestar Social do Concello de Lugo vén de pechar o programa de excursións culturais e de ocio para este verán, ofertando catro viaxes ás festas do polbo de Mugardos e do Bonito de Burela, ademais de visitas ás localidades de Vimianzo e Ponteareas. Haberá 50 prazas abertas a todos os públicos para cada un dos viaxes e as inscricións previas deberán facerse, ben no centro cívico de Uxío Novoneyra ou no da Milagrosa, o luns, martes o mércores da semana anterior á excursión. Todas as saídas serán desde a praza do Bretaña, ás 09.00 horas e a chegada está prevista para as 21.00 da noite no caso de todos os traxectos, que terán un custo de 4,12 euros, mentres que o xantar correrá a cargo de cada participante.

A concelleira de Benestar Social, Olga López Racamonde, sinalou que “con este programa pretendemos promover a socialización das veciñas e veciños de Lugo, ao tempo que ofrecemos a posibilidade de gozar de festas culturais e gastronómicas únicas en Galicia. É unha forma de diversificar a oferta de ocio municipal, a destinos que non só destacan polo seu valor turístico, senón polo seu patrimonio cultural, etnográfico ou gastronómico”.  

A primeira das saídas está programada para o sábado 13 de xullo á Mugardos, polo que a inscrición deberá facerse os tres primeiros días da semana anterior, no Uxío Novoneyra. Neste mesmo centro de convivencia se poderá solicitar praza para a segunda das viaxes, nesta caso a outra das grandes festas gastronómicas galegas, a do bonito de Burela, que será o sábado 3 de agosto.

Nese mesmo mes, terá lugar a saída ao municipio coruñés de Vimianzo, para visitar o conxunto etnográfico de Batáns e Muíños do Mosquetín, previsto para o sábado 24 de agosto. Pechará o calendario de viaxes a saída a Ponteareas, o 7 de setembro, coa visita ao castelo de Sobroso. Para ambas excusións a inscrición se realizará no centro de convivencia da Milagrosa, de luns a mércores da semana anterior á saída.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-benestar-oferta-viaxes-festas-do-polbo-de-mugardos-e-do-bonito-de-burela-e-visitas