Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Aprobada a contratación para a realización dun dos proxectos do Concello de Lugo incluídos no Fondo Estatal de Investimentos Locais

Aprobada a contratación para a realización dun dos proxectos do Concello de Lugo incluídos no Fondo Estatal de Investimentos Locais

  • Tema
    • Economía
Venres, 09 de xaneiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Compras do Concello de Lugo celebrada esta mañá aprobou a contratación para a realización do proxecto dun novo ximnasio nas instalacións deportivas de Frigsa por un importe de 20.000 euros.

Este novo ximnasio é un dos 79 proxectos que se inclúen no Fondo Estatal de Investimentos Locais para o ano 2009 e que propiciarán que máis de 400 persoas estean traballando en obra pública do Concello.

O novo ximnasio que vai construir o Concello de Lugo terá aproximadamente 300 metros cadrados edificados, e ubicarase anexo ás pistas de tenis de Frigsa. Será un centro deportivo municipal de uso polivalente, aínda que, fundamentalmente, busca dar cobertura á práctica deportiva das escolas municipais.

Con esta obra, que conta cun orzamento de 329.809 euros, do Fondo Estatal de Investimentos Locais, o Goberno Local demostra unha vez máis o seu compromiso co deporte base e a práctica deportiva xeneralizada do Concello de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/aprobada-contratacion-para-realizacion-dun-dos-proxectos-do-concello-de-lugo-incluidos-no