Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Aprázase por mor do tempo o primeiro dos concertos do ciclo Murajazz englobado na programación de Lugo10

Aprázase por mor do tempo o primeiro dos concertos do ciclo Murajazz englobado na programación de Lugo10

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 08 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Por mor das inclemencias do tempo aprázase para o vindeiro mércores o primeiro dos concertos do ciclo Murajazz organizado dentro da programación de Lugo10 e que estaba previsto para o xoves 10 de xuño.

A “Big Band” Murajazz ofrecerá tres concertos durante este verán que comezarán o mércores 16 ás nove e media da noite na praza Maior. O segundo concerto está programado para o 20 de xullo e terá lugar na praza Anxo Fernández Gómez e o último será o 29 de xullo de novo na praza Maior.

Con esta iniciativa o Concello pretende achegar a música a toda a cidadanía neste ano no que se celebra o Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.

www.lugo10.es [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/aprazase-por-mor-do-tempo-o-primeiro-dos-concertos-do-ciclo-murajazz-englobado-na-programacion

Ligazóns:
[1] http://www.lugo10.es