Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Anúncianse as axudas de material escolar para educación infantil e as subvencións para actividades culturais

Anúncianse as axudas de material escolar para educación infantil e as subvencións para actividades culturais

A concellería de educación repartirá 40.000€ en axudas individuais de 100€ por solicitante

Entre os criterios para a obtención de subvencións de Cultura, están a presenza de mulleres e o uso do galego

  • Tema
    • Economía,
    • Subvencións municipais
Mércores, 21 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Anúncianse as axudas de material escolar para educación infantil e as subvencións para actividades culturais

O alcalde en funcións, Rubén Arroxo, anunciou durante a rolda de prensa da xunta de goberno de hoxe a aprobación das axudas para libros de texto e material escolar para familias con escasos recursos no segundo ciclo de educación infantil para o curso 2019-2020 e das bases para a concesión de subvencións ás asociacións culturais e persoas xurídico privadas que desenvolvan a súa actividade no eido da cultura.

Arroxo informou que dende a concellería de Educación se repartirán un total de 40.000€ en axudas individuais a persoas que estean empadroadas en Lugo, de 100€ para investir, nas librerías de Lugo, en libros de texto e material escolar para os alumnos e alumnas matriculadas en centros sostidos con fondos públicos. As axudas adxudicaranse aos solicitantes cuxa renda familiar non supere 0.66 veces o IPREM, sendo o único criterio a contía da renda de menor a maior. No caso de non cubrirse todas as solicitudes, continuaranse adxudicando ás beneficiarias cuxa renda familiar anual non supere  0.80 veces o IPREM.

Dende a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, repartiranse un total de 14.900 € ás asociacións e persoas xurídico privadas que estean constituídas e domiciliadas no concello de Lugo. Entre os criterios par a obtención  das axudas teranse en conta as actividades que non utilicen a muller como reclamo ou denigren a súa imaxe, que a entidade conte cunha vogalía ou departamento de muller ou igualdade, ou que a composición da directiva conte cun 50% de mulleres, ademais do uso do galego na programación da actividade.

Audio

  • Rubén Arroxo, sobre a xunta de goberno | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/anuncianse-axudas-de-material-escolar-para-educacion-infantil-e-subvencions-para-actividades

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/190821_ruben_arroxo_xunta_de_goberno.mp3