Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A andaina xuvenil pola igualdade prevista para este sábado, adíase ao venres, 24 de xullo

A andaina xuvenil pola igualdade prevista para este sábado, adíase ao venres, 24 de xullo

  • Tema
    • Igualdade,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Venres, 17 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A andaina xuvenil pola igualdade prevista para este sábado, adíase ao venres, 24 de xullo

A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Gonzalez, informa que a andaina xuvenil pola igualdade prevista para este sábado, 18 de xullo, para conmemorar o nacemento de Xulia Minguillón adíase ao venres, 24 de xullo.

Mantense a hora de saída, ás 10:30 horas, e o punto de partida: nos soportais do Concello, na Praza Maior.  O número de prazas é de 25 e está dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos. As inscricións realizaranse a través do enderezo xuventude@lugo.gal [1], facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta.

A participación en cada andaina, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición:

  1. Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar)
  2. Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do ontrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda)
  3. Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes
  4. E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/andaina-xuvenil-pola-igualdade-prevista-para-este-sabado-adiase-ao-venres-24-de-xullo

Ligazóns:
[1] mailto:xuventude@lugo.gal