Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Ana González Abelleria participou na clausura do I Congreso Internacional Migración e Refuxio en Europa

Ana González Abelleria participou na clausura do I Congreso Internacional Migración e Refuxio en Europa

  • Tema
    • Solidariedade,
    • Emigración e inmigración
Venres, 28 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana González Abelleria participou na clausura do I Congreso Internacional Migración e Refuxio en Europa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participou no acto de clausura do I Congreso Internacional Migración e Refuxio en Europa, que tivo lugar este venres no Salón de Actos da Facultade de Humanidades. A edil resaltou “a necesidade de acadar un alto grado de coordinación entre as distintas administracións para paliar, na medida do posible, este grave problema, todo elo sen esquecer o importante papel que desempeñan as ONG´s”.

Na clausura tamén participaron as presidentas do comité organizador por parte da UNED, María Pilar Quicios, e por parte da USC, María Dolores Fernández, o Vicerreitor de Coordinación da USC, Javier Bueno, e a Xefa Territorial de Cultura, Carmen Gueimunde.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ana-gonzalez-abelleria-participou-na-clausura-do-i-congreso-internacional-migracion-e-refuxio