Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Amplíanse de novo as datas para participar nos cursos de conducción eficiente organizados polo Concello de Lugo

Amplíanse de novo as datas para participar nos cursos de conducción eficiente organizados polo Concello de Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade
Mércores, 26 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo ampliou de novo as datas de celebración dos cursos de conducción eficiente cos que os lucenses poderán aprender a adoptar medidas para reducir as emisións de CO2 na conducción, así como promover un aforro do combustible debido á alta demanda por parte dos cidadáns.

Os cursos que se celebrarán ata o vindeiro día 5 de decembro contará con dúas novas datas de celebración na fin de semana:
Sábado 29 de novembro: de 16:00 – 18:30 e de 18:30 – 21:00.
Domingo 30 de novembro: de 10:00 – 12:30 e de 12:30 – 15:00.

Os interesados en participar poderán realizar a súa inscrición a través do portal municipal www.lugo.es [1].

Os cursos contarán cunha parte teórica, que se impartirá no edificio da Policía Local, e outra práctica nun circuíto urbano de entre 5 e 7 quilómetros.

Con esta iniciativa o Concello pretende proporcionar ferramentas de aforro ás familias lucenses e reducir o impacto das emisiones de CO2 no contorno de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/amplianse-de-novo-datas-para-participar-nos-cursos-de-conduccion-eficiente-organizados-polo

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/