Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Amplíanse as datas para participar nos cursos de conducción eficiente organizados polo Concello de Lugo

Amplíanse as datas para participar nos cursos de conducción eficiente organizados polo Concello de Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade
Xoves, 20 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo ampliou as datas de celebración dos cursos de conducción eficiente cos que os lucenses poderán aprender a adoptar medidas para reducir as emisións de CO2 na conducción, así como promover un aforro do combustible debido á alta demanda por parte dos cidadáns.

Nun principio os cursos terían lugar polas tardes en dúas tandas de 16:00 a 18:30 horas e de 18:30 a 21:00 horas entre o 24 de novembro e o 2 de decembro,  pero agora apliáronse ata o 5 de decembro incluído. Os interesados en participar poderán realizar a súa inscrición a través do portal municipal www.lugo.es [1].

Os cursos contarán cunha parte teórica, que se impartirá no edificio da Policía Local, e outra práctica que se realizará, gracias á colaboración do concesionario Autolusa, nun Audi A3 nun circuíto urbano de entre 5 e 7 quilómetros.

Con esta iniciativa o Concello pretende proporcionar ferramentas de aforro ás familias lucenses e reducir o impacto das emisiones de CO2 no contorno de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/amplianse-datas-para-participar-nos-cursos-de-conduccion-eficiente-organizados-polo-concello

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/